Por nós: Long play, de Lois Pérez.

Nesta nova andaina do club de lectura queremos partillar as nosas impresións máis alá das nosas xuntanzas. Tras a posta en común, subiremos pequenos textos e recensións sobre as obras.  A primeiro libro que comentamos é Long Play, de Lois Pérez, con quen ademais tivemos a sorte de falar. Moitas grazas a todos os que enviastes as vosas opinións.

 

 

En xeral pareceume ben todo, pero a primeira parte, esa cara “A” do “Long Play” foi o que máis me emocionou, tal vez porque neses poemas atopei un contacto máis próximo coa actualidade. Gustoumne a intención amosada de abrir novas pontes entre a poesía e outras formas literarias, como pode ser o cómic, o periodísmo ou a biografía (aínda que sexa ficticia).”

Pareceume orixinal e moi agradábel de ler”

Foron varios os textos de que gostei, pero posiblemente o poema “aLePo” (non lembro todo o título) que fala das migracións e remata coa morte dun neno nunha praia. Pareceume moi ben construído e moi claro na exposición.”

Gustoume moito, gustoume a variedade. Con algúns poemas alporízaste cando o autor expresa con tanta claridade as inxustizas e a corrupción, con outras é imposible non emocionarse”

Creo que deste libro podemos resaltar as amplas lecturas do autor. Lendo estes versos houbo momentos que me lembraba a Manuel María (hai un poema dedicado á Terra Cha con claras referencias ó famoso libro do finado) e outras veces lembrábame a Joaquín Sabina (son(g)), por exemplo. Supoño que a súa formación musical está detrás destas creacións.”

“Ese desconcerto co texto  onde algúns de nós plantexábamos se era realidade ou ficción!”

47166004_1223298747848050_7530680637582213120_n

FOTO DE ALBA DÍAZ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s