Por nós: Fariña, de Nacho Carretero.

fariña

Como xa sabedes, neste curso, queremos compartir as nosas opinións sobre os textos que lemos no noso blogue do club. Como xa fixemos co Long Play de Lois Pérez,  nesta ocasión podedes ler algúns comentarios sobre Fariña, de Nacho Carretero.

Era a primeira que liamos un texto xornalístico neste club de lectura -estamos máis afeitos a ler prosa e poesía. Entón foi, en xeral, unha experiencia moi boa, sobre todo polo informativo do texto, que deu lugar a unha conversa moi viva na nosa xuntanza.

Aquí tedes as opinións que recollemos por escrito. 

Que foi o que máis che gustou? 

“Posiblemente esa visión xeral que aporta, con referencias ó pasado, que á fin foi a porta que aproveitaron os clans e as mafias para a introdución da droga. Pero tamén o que apunta sobre os novos camiños, técnicas e proxectos que sigue o narcotráfico.”

“Que, aínda que sexa só nun libro, se destape toda esta trama”

“O relato do ensaio supuxo un esforzo de traballo importante ao autor para conseguir profundar no fenómeno do narcotráfico en Galicia e a súa evolución ao longo dun período de tempo amplo e as súas consecuencias na sociedade galega”

“O comezo. Que a cousa empezase polo contrabando de artigos de primeira necesidade, dos que había moita escasez ou non había, fai, o meu xuizo, que os primeiros contrabandistas poidesen ser considerados benfeitores sociais con ánimo de lucro.”

“O tema.”

“Para min supuxo abrir os ollos a unha realidade que está, na niña opinión, demasiado tapada. Todos sabemos algo do tema -eu sabía dos clans e da súa influencia en determinadas zonas, pero hai datos que dan idea da tremenda “industria” que hai aí…”

Que máis che gustaría salientar?

“Sempre vemos o asunto do narcotrafico desde ese punto xeral, dos grandes negocios e os seus vínculos co poder, das desgracias que todos coñecemos e que máis ou menos algo lle tocou a cada quen de cerca; pero tal vez habería que mirar tamén a razón pola que mozos sen outra prespectiva ca un traballo en oficios realmente duros e mal pagados, como a pesca e o marisqueo, acaban meténdose na descarga, como é posible que se sintan máis seguros conducindo unha planeadora ca aspirando a traballar nalgunha empresa ou a especializarse nalgún oficio. Porqué é tan dificil unha industrialización do país que oferte unha saída digna, con prespectivas e real á xente nova. Creo que as microhistorias que seguramente todos coñecemos, poden darnos unha visión máis clara do porqué e posiblemente tamén da solución a un problema tan complexo coma este.”

“Non me gustou o exceso de datos.”

“Penso que os que se quedaron no tabaco, que agora xa non os considero benfeitores sociais, ademais de xa estar forrados, sabían algo sobre as consecuencias do consumo de drogas.”

“En realidade, como literatura, o libro non vale moito. É unha compilación de artigos xornalísticos sen moito xeito. Por unha vez, teño que dicir que me gustou máis a serie de TV ( moi lograda) que o libro, mesmo se lle recoñezo o valor informativo.”

“Eu gocei moito desta lectura, fíxoseme moi doado de ler. E creo que agora cando saian noticias sobre o narcotráfico en Galiza entedenderei todo mellor.

Moitísimas grazas a todos que participades tan activamente! 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s