Aquí podedes ler algúns comentarios sobre Interferencias, de Manuel Seixas.
Apuntaría varios temas que toca o autor, como son a soidade contra a que non poden nin os luxos da tecnoloxía, o conto dentro da novela en casos como o de Lupita ou o do maltratador con Alzeimer, a paisaxe durante a viaxe de cada día, a desilusión do mestre, a vellez vista por un neno…
….
O que máis me gustou foi como se describía o ambiente, a soidade. Hai veces que é tan realista que é duro ler. É un libro que me sorprendiu por como se ía desenvolvendo a historia, cando xa parecía que nada podía cambiar…
….
Creo que toca moitos temas e o final parece que procura un xiro inesperado (talvez demasiado inesperado) no que os problemas que supoñían superados semella que permanecen. Os ciumes por un lado e o maltrato por outro, que á fin son maltrato os dous. E esa man allea do final para demostrar que diante de tanto desconcerto, sempre aparece un amigo que trata de salvalos.
….
Quedáronme ganas de ler o libro de novo despois de falar del na reunión.

Interferencias