Temos un club de lectura en galego na EOI da Coruña. Se che gusta ler en galego e falar das túas lecturas, seguramente che vai gustar vir ás xuntanzas. Aprendemos sobre autores galegos, mais tamén lemos traducións en galego de literatura contemporánea. O caso é pasar un tempo agradable conversando sobre as historias que lemos. Non é preciso ser experto, só ter gana de vivir a experiencia da lectura. Como ben o expresa Pedro Feijoo “para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?”
Se tes interese ou algunha dúbida, envía as túas preguntas a endl.corunha@gmail.com
Se queres participar, descarga aquí unha ficha inscrición e entrégaa na conserxería da escola ou envía os teus datos a endl.corunha@gmail.com