Ser Modou Modou, de Cheikh Fayé.

O 25 de abril teremos unha nova xuntanza do club de lectura en galego, e coñeceremos ao autor do libro que estamos a ler: Cheikh Fayé, o senegalés que escribe en galego.

Este “senegalego”, como di el mesmo, recolle neste libro as súas reflexións sobre a “inmigración senegalesa, da nosa cultura e de Galicia, do que aquí nos ocorre”.

 

Advertisements

Rosa Aneiros no noso club.

O 24 de xaneiro visitounos Rosa Aneiros, e con ela puidmos compartir as nosa experiencia lectora con “Resisitencia”, unha novela que nos conmoveu.

Moitas grazas Rosa por ter pasado este anaco de tempo con nós e por contarnos tantas anécdotas.

Luisa Abad presenta “Limaduras de prata” na EOI

O 22 de novembro estará con nós Luisa Abad, e nos falará do seu poemario solidario titulado “Limaduras de prata” que escribiu durante os seis meses de tratamento de quimioterapia.

Pretende ser un espello no que poidan ollarse as persoas que están pasando polo mesmo e amosarlles un horizonte de esperanza.

Todolos beneficios xerados por este libro irán a favor da Asociación Española Contra o Cancro e os seus traballos de investigación.

Estamos desexando ver a Luisa, unha amiga moi querida do noso club de lectura,  que volve nesta ocasión como autora.

limaduras de prata