Luisa Abad presenta “Limaduras de prata” na EOI

O 22 de novembro estará con nós Luisa Abad, e nos falará do seu poemario solidario titulado “Limaduras de prata” que escribiu durante os seis meses de tratamento de quimioterapia.

Pretende ser un espello no que poidan ollarse as persoas que están pasando polo mesmo e amosarlles un horizonte de esperanza.

Todolos beneficios xerados por este libro irán a favor da Asociación Española Contra o Cancro e os seus traballos de investigación.

Estamos desexando ver a Luisa, unha amiga moi querida do noso club de lectura,  que volve nesta ocasión como autora.

limaduras de prata

Advertisements

Limaduras de prata de María Luísa Abad

Non podemos deixar de informar sobre este poemario de María Luisa Abad, tanto polo afecto que lle temos no club por ter sido unha integrante fiel todos estes anos, como pola obra en si, e o papel que os poemas poden exercer para os doentes de cancro: un espello no que poidan reflectirse e atopar acougo e unha mensaxe positiva.

Hoxe preséntase o poemario no local da asociación veciñal da Agra do Orzán ás 20h. A ver se temos a sorte de que veña un día ao club… nesta ocasión no papel de autora!

Foto

X Xornada dos clubs de lectura

Un ano máis celebrarase en Santiago de Compostela unha xornada de reunión para clubs de lectura. Nesta ocasión, o gallo da celebración dunha década fomentando a lectura a través dos clubs de lectura, convocarase non só ao profesorado senón tamén aos lectores para participar xuntos e compartir un tempo cos seus autores e autoras preferidos. Tamén haberá oportunidade de achegarse a diferentes territorios culturais relacionados coa palabra: o cómic, o teatro, o cine, a música, a cultura urbana e sempre, sempre, a literatura. No transcurso desta xornada darase entrega a MIGUELANXO PRADO do Premio dos Clubs de lectura 2017.

Aí estaremos, como non!

imagen_generica_v_02_petit

Craig Patterson na EOI.

Conversations with Castelao: translating Sempre en Galiza

O vindeiro xoves 16 de marzo virá á EOI da Coruña Craig Patterson, que vén de traducir unha das obras de maior peso do noso patriminio cultural, social e político: Sempre en Galiza de Castelao.

“Conversations with Castelao: translating Sempre en Galiza” é o título deste relatorio que será en galego e inglés, e está co-organizado polo departamento de inglés da EOI e o Equipo de Dinamización Lingüística.

Nautical (2)

Será o xoves 16 de marzo ás 19.30h na sala de video da EOI da Coruña.

24 de outubro: Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca para concienciar da importancia da lectura e recoñecer a labor importantísima de todos os que traballan nelas.

Porén, para o noso club de lectura hoxe tamén é un día moi especial. É na biblioteca da nosa escola onde temos as reunións e falamos dos libros que lemos. É o espazo que eliximos para poñer en común todas as vivencias e ideas que xurdiron da lectura.

Ledicia Costas, unha das autoras máis lidas nos clubs de lectura, escribiu un texto ben fermoso para esta ocasión, e gustaríame compartila con vós. Premede nesta ligazón: “Os libros, aloumiños fosforescentes que incendian os soños”

Feliz día da biblioteca!