Aquí podedes ler algúns comentarios sobre Interferencias, de Manuel Seixas.

Interferencias
Interferencias
O noso club de lectura leva varios anos de actividade na nosa escola fomentando a lectura en galego, e á súa vez. creando un espazo onde compartir o noso interese común: a lectura.
Nestes anos podemos gabarnos de ter creado un grupo moi estable en número, e ter lido unha variedade de xéneros e títulos abraiante. Ademais, tivemos o privilexio de coñecer en persoa a moitos autores que se achegaron a pasar un tempo con nós falando das súas obras e compartindo anécdotas e curiosidades.
Este é a relación de títulos que lemos ao longo da nosa breve historia:
TÍTULO | AUTOR |
A neta do Señor Lihn | Philippe Claudel |
Randea do alento | Herta Muller |
Tras do solpor | Haruki Murakami |
A diagonal dos tolos | Santiago Lopo |
Para seguir bailando | Francisco X. Fdez Naval |
Un animal chamado néboa | Ledicia Costas |
Era por setembro | Xabier Quiroga |
Ollos de auga | Domingo Villar |
O único que queda é o amor | Agustín Fdez Paz |
Non hai noite tan longa | Agustín Fdez Paz |
Ninguén | Fran Alonso |
Purga | Sofi Oksanen |
As pequenas memórias (portugués) | José Saramago |
Os mortos daquel verán | Carlos Casares |
Como unha novela | Daniel Pennac |
Futuro imperfecto | Xulia Alonso Díaz |
Funambulistas | Mercedes Leobalde |
A memoria da choiva | Pedro Feijóo |
A pista de area | Andrea Camilleri |
Antoloxía poética | Manuel María |
Livro (portugués) | José Luis Piexoto |
Casos do beco das sardinheiras (port) | Mário de Carvalho |
Ser Modou Modou | Cheikh Fayé |
Resistencia | Rosa Aneiros |
Os libros arden mal | Manuel Rivas |
Galván en Saor | Darío Xohán Cabana |
A dama da noite | Xabier Seoane |
Memoria para Xoana | Marica Campo |
Limaduras de prata | María Luisa Abad |
E neste 2018/2019 seguiremos con máis experiencias.
Se queres formar parte deste club, podes informarte aquí.
Estreamos un novo curso co club de lectura en galego con esta novela de Xavier Seoane, A dama da noite.
Anímate a ler o libro e vir falar con nós para pasar un tempo agradável con outros lectores.
Reunirémonos o vindiero 10 de outubro ás 13h no noso lugar de encontro habitual, biblioteca da EOI da Coruña.
Un ano máis celebrarase en Santiago de Compostela unha xornada de reunión para clubs de lectura. Nesta ocasión, o gallo da celebración dunha década fomentando a lectura a través dos clubs de lectura, convocarase non só ao profesorado senón tamén aos lectores para participar xuntos e compartir un tempo cos seus autores e autoras preferidos. Tamén haberá oportunidade de achegarse a diferentes territorios culturais relacionados coa palabra: o cómic, o teatro, o cine, a música, a cultura urbana e sempre, sempre, a literatura. No transcurso desta xornada darase entrega a MIGUELANXO PRADO do Premio dos Clubs de lectura 2017.
Aí estaremos, como non!
Na escola estes días estamos a vivir con moitos nervios o período de exames de fin de curso, e entón case imos dar por concluído a actividade no club de lectura.
Iso sí, quedan aínda dúas citas neste mes de xuño: a primeira, a X Xornadas dos Clubs de lectura que se celebrerá o 17 de xuño en Compostela; e a escolla da nosa lectura de verán, que será unha novela en portugués
Xa temos lectura para estes días de Nadal.
Memoria para Xoana, de Marica Campo.
Aproveito para desexarvos unhas moi felices festas, amigos!
Na nosa escola levamos uns anos xa desenvolvendo o club de lectura en galego. E estamos a piques de retomalo un curso máis.
Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúne periodicamente para comentar un libro lido na casa ou no seu tempo de lecer
• Nas reunións coméntase o lido e o impacto que ten nos que o len: tema, estilo, acción, personaxes e, por suposto, as reflexións evocadas polo texto.
• Non é unha reunión para especialistas en crítica literaria nin para profesores de literatura, senón para lectores comúns
O obxectivo primordial non é a análise exhaustiva da obra literaria senón incrementar o pracer pola lectura compartíndoa con outros.
Así que se che gusta ler en galego, e compartir a lectura con outros, anímate a particpar con nós.
Tamén podes descargar aquí unha ficha de inscrición e enviala por correo electrónico a endl.corunha@gmail.com.
Animádevos!