Aquí podedes ler algúns comentarios sobre Interferencias, de Manuel Seixas.

Interferencias
Interferencias
Estes días temos a nosa derradeira xuntanza deste curso e será para falar de “Interferencias”, unha novela de Manuel Seixas, publicada por Xerais.
Recomendamos que leades esta entrevista na que o autor explica algúns dos temas centrais da novela e a súa traxectoria artística.
Se ti tamén queres dar a túa opinión pero non podes vir á xuntanza, podes cubrir a enquisa que ves a continuación. É anónima e formará parte da colección de achegas que temos de cada libro que lemos.
Aquí tedes as opinións que recollemos por escrito.
Que foi o que máis che gustou?
“Posiblemente esa visión xeral que aporta, con referencias ó pasado, que á fin foi a porta que aproveitaron os clans e as mafias para a introdución da droga. Pero tamén o que apunta sobre os novos camiños, técnicas e proxectos que sigue o narcotráfico.”
“Que, aínda que sexa só nun libro, se destape toda esta trama”
“O relato do ensaio supuxo un esforzo de traballo importante ao autor para conseguir profundar no fenómeno do narcotráfico en Galicia e a súa evolución ao longo dun período de tempo amplo e as súas consecuencias na sociedade galega”
“O comezo. Que a cousa empezase polo contrabando de artigos de primeira necesidade, dos que había moita escasez ou non había, fai, o meu xuizo, que os primeiros contrabandistas poidesen ser considerados benfeitores sociais con ánimo de lucro.”
“O tema.”
“Para min supuxo abrir os ollos a unha realidade que está, na niña opinión, demasiado tapada. Todos sabemos algo do tema -eu sabía dos clans e da súa influencia en determinadas zonas, pero hai datos que dan idea da tremenda “industria” que hai aí…”
Que máis che gustaría salientar?
“Sempre vemos o asunto do narcotrafico desde ese punto xeral, dos grandes negocios e os seus vínculos co poder, das desgracias que todos coñecemos e que máis ou menos algo lle tocou a cada quen de cerca; pero tal vez habería que mirar tamén a razón pola que mozos sen outra prespectiva ca un traballo en oficios realmente duros e mal pagados, como a pesca e o marisqueo, acaban meténdose na descarga, como é posible que se sintan máis seguros conducindo unha planeadora ca aspirando a traballar nalgunha empresa ou a especializarse nalgún oficio. Porqué é tan dificil unha industrialización do país que oferte unha saída digna, con prespectivas e real á xente nova. Creo que as microhistorias que seguramente todos coñecemos, poden darnos unha visión máis clara do porqué e posiblemente tamén da solución a un problema tan complexo coma este.”
“Non me gustou o exceso de datos.”
“Penso que os que se quedaron no tabaco, que agora xa non os considero benfeitores sociais, ademais de xa estar forrados, sabían algo sobre as consecuencias do consumo de drogas.”
“En realidade, como literatura, o libro non vale moito. É unha compilación de artigos xornalísticos sen moito xeito. Por unha vez, teño que dicir que me gustou máis a serie de TV ( moi lograda) que o libro, mesmo se lle recoñezo o valor informativo.”
“Eu gocei moito desta lectura, fíxoseme moi doado de ler. E creo que agora cando saian noticias sobre o narcotráfico en Galiza entedenderei todo mellor.
Moitísimas grazas a todos que participades tan activamente!
Ser parte dun club de lectura é, sempre o digo, unha experiencia marabillosa! Se, por enriba, estás nun grupo tan xeneroso e activo, aínda mellor! @EoiCorunha @bescolaresgal
Aquí as opinións de Fariña @NachoCarretero #engalegoleo https://t.co/tMpMZRJByT— Anabel Fernández (@dimodeca) 1 de abril de 2019
As lectoras e lectores do Club de Lectura da @EoiCorunha comezaron a opinar no blog sobre as impresións que lles causou o #LongPlay de @Xerais 😃 👇 con @dimodeca https://t.co/ivMjxdGNc2
— Lois Pérez (@Loisperezdiaz) 5 de febrero de 2019
“En xeral pareceume ben todo, pero a primeira parte, esa cara “A” do “Long Play” foi o que máis me emocionou, tal vez porque neses poemas atopei un contacto máis próximo coa actualidade. Gustoumne a intención amosada de abrir novas pontes entre a poesía e outras formas literarias, como pode ser o cómic, o periodísmo ou a biografía (aínda que sexa ficticia).”
“Pareceume orixinal e moi agradábel de ler”
“Foron varios os textos de que gostei, pero posiblemente o poema “aLePo” (non lembro todo o título) que fala das migracións e remata coa morte dun neno nunha praia. Pareceume moi ben construído e moi claro na exposición.”
“Gustoume moito, gustoume a variedade. Con algúns poemas alporízaste cando o autor expresa con tanta claridade as inxustizas e a corrupción, con outras é imposible non emocionarse”
“Creo que deste libro podemos resaltar as amplas lecturas do autor. Lendo estes versos houbo momentos que me lembraba a Manuel María (hai un poema dedicado á Terra Cha con claras referencias ó famoso libro do finado) e outras veces lembrábame a Joaquín Sabina (son(g)), por exemplo. Supoño que a súa formación musical está detrás destas creacións.”
“Ese desconcerto co texto onde algúns de nós plantexábamos se era realidade ou ficción!”
FOTO DE ALBA DÍAZ