Xuntanza con Adela Figueroa

Destacado

O mércores 6 de novembro (ao final non o 25/10) temos a honra de ter connosco Adela Figueroa, autora de Atlantidae. Imos quedar na biblioteca da EOI ás 12.30. Lembrade o día 6 de novembro ás 1230.  Estades tod@s @s amig@s do noso club de lectura mais que benvid@s

Voltaremos!

Destacado

Voltaremos como o Depor pero nós imos un paso mais adiante e xa estamos de volta! O venres 25 de outubro teremos a nosa primeira xuntanza deste curso. Contaremos coa visita de Adela Figueroa autora da nosa lectura de verán “Atlantidae: Mulher D’Água”, falaremos con ela do libro, das súas obras, a súa traxectoria e mais cousas! Estaremos na biblioteca da EOI o venres 25 de outubro ás 12.30. Tamén compartiremos copias da nosa primeira lectura deste curso, o top seller do verán “Infamia” de Ledicia Costas.

Tod@s estades convid@s…mais info no correo endl.corunha@gmail.com e nas redes sociais

book club

 

Máis lecturas do noso club

Nesta páxina podedes consultar algunhas das recomendacións e ligazóns de interese que se partillaron nos cursos anteriores do Club De Lectura da EOI da Coruña

O Club da Calceta

http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=997

http://mariareimondez.com/

http://vello.vieiros.com/gterra/novaphp?Ed=38&id=53683&cm=1

http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Reim%C3%B3ndez

Ligazón para o trailer da longametraxe para TV que se fixo no 2009:

 

Caos Calmo de Sandro Veronesi

A canción dos Radiohead, There There ‘soa’ varias veces. Por se a queredes escoitar: (copiade e pegade no navegador):

 

O Curioso incidente do can á media noite de Mark Haddon

http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1330

http://www.guardian.co.uk/books/2003/may/24/booksforchildrenandteenagers.bookerprize2003 (interesante reseña en inglés do xornal The Guardian)

Visítanos Lois Pérez.

Lois Pérez, autor do poemario Long Play, visítanos este xoves 29 de novembro, e con el compartiremos a nosa experiencia lectora e conversaremos sobre o libro.

Long Play tivo moi boa acollida, tanto polo público como pola crítica; de feito, Lois Pérez acaba ser premiado na gala Ar[t]imar: o seu poema Blues do rei Bergman = B. B. King, foi o poema galego seleccionado polo votantes.

71qBJOHDfWLvdkyjgvm-1

Temos moitas ganas de volver a ter a Lois Pérez entre nós. É un bo amigo da nosa escola, pois xa estivo aquí na súa faceta de monologuista, contador e músico. Nesta ocasión, como autor.

Será o xoves 29 de novembro na biblioteca da EOI da Coruña. Sodes benvidos!

Tras do solpor de Haruki Murakami

A primeiros de mes na EOI da Coruña celebráronse unhas xornadas adicadas ao Xapón e á súa cultura. Por que non coñecer un dos autores contemporáneos máis coñecidos internacionalmente?

Tras do solpor de Haruki Murakami é o libro que nos levará a profundizar algo máis na vida e cultura xaponesas.

E se vos queredes sumerxir por completo nesta lectura, aquí tedes algunhas das cancións que se mencionan ao longo da historia: