Por nós: Fariña, de Nacho Carretero.

fariña

Como xa sabedes, neste curso, queremos compartir as nosas opinións sobre os textos que lemos no noso blogue do club. Como xa fixemos co Long Play de Lois Pérez,  nesta ocasión podedes ler algúns comentarios sobre Fariña, de Nacho Carretero.

Era a primeira que liamos un texto xornalístico neste club de lectura -estamos máis afeitos a ler prosa e poesía. Entón foi, en xeral, unha experiencia moi boa, sobre todo polo informativo do texto, que deu lugar a unha conversa moi viva na nosa xuntanza.

Aquí tedes as opinións que recollemos por escrito. 

Que foi o que máis che gustou? 

“Posiblemente esa visión xeral que aporta, con referencias ó pasado, que á fin foi a porta que aproveitaron os clans e as mafias para a introdución da droga. Pero tamén o que apunta sobre os novos camiños, técnicas e proxectos que sigue o narcotráfico.”

“Que, aínda que sexa só nun libro, se destape toda esta trama”

“O relato do ensaio supuxo un esforzo de traballo importante ao autor para conseguir profundar no fenómeno do narcotráfico en Galicia e a súa evolución ao longo dun período de tempo amplo e as súas consecuencias na sociedade galega”

“O comezo. Que a cousa empezase polo contrabando de artigos de primeira necesidade, dos que había moita escasez ou non había, fai, o meu xuizo, que os primeiros contrabandistas poidesen ser considerados benfeitores sociais con ánimo de lucro.”

“O tema.”

“Para min supuxo abrir os ollos a unha realidade que está, na niña opinión, demasiado tapada. Todos sabemos algo do tema -eu sabía dos clans e da súa influencia en determinadas zonas, pero hai datos que dan idea da tremenda “industria” que hai aí…”

Que máis che gustaría salientar?

“Sempre vemos o asunto do narcotrafico desde ese punto xeral, dos grandes negocios e os seus vínculos co poder, das desgracias que todos coñecemos e que máis ou menos algo lle tocou a cada quen de cerca; pero tal vez habería que mirar tamén a razón pola que mozos sen outra prespectiva ca un traballo en oficios realmente duros e mal pagados, como a pesca e o marisqueo, acaban meténdose na descarga, como é posible que se sintan máis seguros conducindo unha planeadora ca aspirando a traballar nalgunha empresa ou a especializarse nalgún oficio. Porqué é tan dificil unha industrialización do país que oferte unha saída digna, con prespectivas e real á xente nova. Creo que as microhistorias que seguramente todos coñecemos, poden darnos unha visión máis clara do porqué e posiblemente tamén da solución a un problema tan complexo coma este.”

“Non me gustou o exceso de datos.”

“Penso que os que se quedaron no tabaco, que agora xa non os considero benfeitores sociais, ademais de xa estar forrados, sabían algo sobre as consecuencias do consumo de drogas.”

“En realidade, como literatura, o libro non vale moito. É unha compilación de artigos xornalísticos sen moito xeito. Por unha vez, teño que dicir que me gustou máis a serie de TV ( moi lograda) que o libro, mesmo se lle recoñezo o valor informativo.”

“Eu gocei moito desta lectura, fíxoseme moi doado de ler. E creo que agora cando saian noticias sobre o narcotráfico en Galiza entedenderei todo mellor.

Moitísimas grazas a todos que participades tan activamente! 

 

Relación de libros en galego na EOI

TÍTULO

AUTOR

INFORMACIÓN

Tras do solpor Haruki Murakami https://oclubdelectura.wordpress.com/2016/12/16/tras-do-solpor-murakami/
Un animal chamado néboa Ledicia Costas https://oclubdelectura.wordpress.com/2017/02/09/un-animal-chamado-neboa/
Era por setembro Xabier Quiroga https://oclubdelectura.wordpress.com/2017/03/27/era-por-setembro/
Dama da noite Xavier Seoane https://oclubdelectura.wordpress.com/2018/10/01/a-dama-da-noite-de-xabier-seoane/
Os mortos daquel verán Carlos Casares https://oclubdelectura.wordpress.com/2017/05/16/os-mortos-daquel-veran-carlos-casares/
Funambulistas Mercedes Leobalde https://oclubdelectura.wordpress.com/2016/04/09/mercedes-leobalde-no-noso-club/
Caos Calmo Sandro Veronesi https://oclubdelectura.wordpress.com/2016/12/07/quedamos-para-falar-de-caos-calmo/
A memoria da choiva Pedro Feijóo https://oclubdelectura.wordpress.com/2016/05/27/a-memoria-da-choiva/
A pista de area Andrea Camilleri https://oclubdelectura.wordpress.com/2016/03/10/a-pista-de-area/
Antoloxía poética Manuel María https://oclubdelectura.wordpress.com/2016/05/27/recital-no-mes-das-letras/
Livro (portugués) José Luis Piexoto https://oclubdelectura.wordpress.com/2015/11/18/livro/
Casos do beco das sardinheiras (port) Mário de Carvalho https://oclubdelectura.wordpress.com/2017/06/30/casos-do-beco-das-sardinheiras/
Ser Modou Modou Cheikh Fayé https://oclubdelectura.wordpress.com/2018/04/09/ser-modou-modou-de-cheikh-faye/
Resistencia Rosa Aneiros https://oclubdelectura.wordpress.com/2018/03/05/rosa-aneiros-no-noso-club/
Limaduras de prata MªLuisa Abad https://oclubdelectura.wordpress.com/2017/11/16/luisa-abad-presenta-limaduras-de-prata-na-eoi/
Adiós, María Xohana Torres https://oclubdelectura.wordpress.com/2018/03/05/adios-maria-de-xohana-torres/
Long Play Lois Pérez https://oclubdelectura.wordpress.com/2019/02/05/por-nos-long-play-de-lois-perez/
Galván en Saor Darío Xohan Cabana https://oclubdelectura.wordpress.com/2016/04/09/mercedes-leobalde-no-noso-club/
Non hai noite tan longa Agustín Fdez Paz https://www.xerais.gal/libro.php?id=2854362
Ninguén Fran Alonso https://www.xerais.gal/libro.php?id=2798003
Purga Sofi Oksanen http://caladinhos.blogspot.com/2014/02/purga-de-sofi-oksanen.html
As pequenas memórias (portugués) José Saramago https://pt.wikipedia.org/wiki/As_Pequenas_Mem%C3%B3rias
Como unha novela Daniel Pennac https://www.amazon.es/Como-unha-novela-Edici%C3%B3n-Literaria/dp/8475077560
Futuro imperfecto Xulia Alonso Díaz http://editorialgalaxia.gal/produto/futuro-imperfecto/
Os libros arden mal Manuel Rivas https://www.xerais.gal/libro.php?id=758803
Arraianos Xosé Luís Méndez Ferrín https://cadernodacritica.wordpress.com/2018/02/05/arraiano-entre-arraianos-xose-luis-mendez-ferrin/
Randea do alentó Herta Muller https://blog.xerais.gal/2010/critica-de-laura-caveiro-sobre-randea-do-alento-de-herta-muller/
A diagonal dos tolos Santiago Lopo http://editorialgalaxia.gal/produto/a-diagonal-dos-tolos/
Para seguir bailando Francisco X. Fdez Naval https://blog.xerais.es/2009/para-seguir-bailando-fxfernandez-naval/
O único que queda é o amor Agustín Fdez Paz https://agustinfernandezpaz.gal/libros/o-unico-que-queda-e-o-amor/
Non hai noite tan longa Agustín Fdez Paz https://www.xerais.gal/libro.php?id=2854362
A neta do Señor Lihn Philippe Claudel http://biblioteca-mendino.blogspot.com/p/a-neta-do-senor-linh-escritora-claudel.html
Ollos de auga Domingo Villar http://editorialgalaxia.gal/produto/ollos-de-auga/

 

Día de Rosalía 2019

 

O pasado 22 de febreiro fixemos a nosa pequena homenaxe a Rosalía de Castro ao aire libre. Falamos da autora, recitamos a súa poesía,  descubrimos libros de interese que están na biblioteca da EOI da Coruña e mesmo tomamos fotos diante do photocall.

Canto sabes ti de Rosalía?

No noso encontro do 22 de febreiro distribuimos este cuestionario para aprender sobre a autora e compartir o que sabemos dela.

five-dollar car wash (1)

Canto sabes de Rosalía? https://www.gciencia.com/wp_quiz/canto-sabes-de-rosalia-de-castro/

A páxina da Fundación Rosalía de Castro http://rosalia.gal/rosalia/biografia/

Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro

http://www.cervantesvirtual.com/portales/rosalia_de_castro_ga/

Real Academia Galega: https://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/23374

Traducións da poesía de Rosalía de Castro: http://rosalia.gal/planeta-rosalia/

 

 

A visita de Lois Pérez.

Poder comunicarnos en persoa co autor dos libros que lemos é sempre unha experiencia marabillosa, e con Lois Pérez non puido ser menos. O seu poemario “Long Play” espertou moito interese e con el puidemos saber máis sobre a orixe dalgúns dos poemas e anécdotas. Grazas, Lois, por vir! E grazas a Alba Díaz por estas fotos tan fermosas para lembralo.

Por nós: Long play, de Lois Pérez.

Nesta nova andaina do club de lectura queremos partillar as nosas impresións máis alá das nosas xuntanzas. Tras a posta en común, subiremos pequenos textos e recensións sobre as obras.  A primeiro libro que comentamos é Long Play, de Lois Pérez, con quen ademais tivemos a sorte de falar. Moitas grazas a todos os que enviastes as vosas opinións.

 

 

En xeral pareceume ben todo, pero a primeira parte, esa cara “A” do “Long Play” foi o que máis me emocionou, tal vez porque neses poemas atopei un contacto máis próximo coa actualidade. Gustoumne a intención amosada de abrir novas pontes entre a poesía e outras formas literarias, como pode ser o cómic, o periodísmo ou a biografía (aínda que sexa ficticia).”

Pareceume orixinal e moi agradábel de ler”

Foron varios os textos de que gostei, pero posiblemente o poema “aLePo” (non lembro todo o título) que fala das migracións e remata coa morte dun neno nunha praia. Pareceume moi ben construído e moi claro na exposición.”

Gustoume moito, gustoume a variedade. Con algúns poemas alporízaste cando o autor expresa con tanta claridade as inxustizas e a corrupción, con outras é imposible non emocionarse”

Creo que deste libro podemos resaltar as amplas lecturas do autor. Lendo estes versos houbo momentos que me lembraba a Manuel María (hai un poema dedicado á Terra Cha con claras referencias ó famoso libro do finado) e outras veces lembrábame a Joaquín Sabina (son(g)), por exemplo. Supoño que a súa formación musical está detrás destas creacións.”

“Ese desconcerto co texto  onde algúns de nós plantexábamos se era realidade ou ficción!”

47166004_1223298747848050_7530680637582213120_n

FOTO DE ALBA DÍAZ

Máis lecturas do noso club

Nesta páxina podedes consultar algunhas das recomendacións e ligazóns de interese que se partillaron nos cursos anteriores do Club De Lectura da EOI da Coruña

O Club da Calceta

http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=997

http://mariareimondez.com/

http://vello.vieiros.com/gterra/novaphp?Ed=38&id=53683&cm=1

http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Reim%C3%B3ndez

Ligazón para o trailer da longametraxe para TV que se fixo no 2009:

 

Caos Calmo de Sandro Veronesi

A canción dos Radiohead, There There ‘soa’ varias veces. Por se a queredes escoitar: (copiade e pegade no navegador):

 

O Curioso incidente do can á media noite de Mark Haddon

http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1330

http://www.guardian.co.uk/books/2003/may/24/booksforchildrenandteenagers.bookerprize2003 (interesante reseña en inglés do xornal The Guardian)

Visítanos Lois Pérez.

Lois Pérez, autor do poemario Long Play, visítanos este xoves 29 de novembro, e con el compartiremos a nosa experiencia lectora e conversaremos sobre o libro.

Long Play tivo moi boa acollida, tanto polo público como pola crítica; de feito, Lois Pérez acaba ser premiado na gala Ar[t]imar: o seu poema Blues do rei Bergman = B. B. King, foi o poema galego seleccionado polo votantes.

71qBJOHDfWLvdkyjgvm-1

Temos moitas ganas de volver a ter a Lois Pérez entre nós. É un bo amigo da nosa escola, pois xa estivo aquí na súa faceta de monologuista, contador e músico. Nesta ocasión, como autor.

Será o xoves 29 de novembro na biblioteca da EOI da Coruña. Sodes benvidos!

Unha historia en títulos.

O noso club de lectura leva varios anos de actividade na nosa escola fomentando a lectura en galego, e á súa vez. creando un espazo onde compartir o noso interese común: a lectura.

Nestes anos podemos gabarnos de ter creado un grupo moi estable en número, e ter lido unha variedade de xéneros e títulos abraiante. Ademais, tivemos o privilexio de coñecer en persoa a moitos autores que se achegaron a pasar un tempo con nós falando das súas obras e compartindo anécdotas e curiosidades.

Este é a relación de títulos que lemos ao longo da nosa breve historia:

TÍTULO AUTOR
A neta do Señor Lihn Philippe Claudel
Randea do alento Herta Muller
Tras do solpor Haruki Murakami
A diagonal dos tolos Santiago Lopo
Para seguir bailando Francisco X. Fdez Naval
Un animal chamado néboa Ledicia Costas
Era por setembro Xabier Quiroga
Ollos de auga Domingo Villar
O único que queda é o amor Agustín Fdez Paz
Non hai noite tan longa Agustín Fdez Paz
Ninguén Fran Alonso
Purga Sofi Oksanen
As pequenas memórias (portugués) José Saramago
Os mortos daquel verán Carlos Casares
Como unha novela Daniel Pennac
Futuro imperfecto Xulia Alonso Díaz
Funambulistas Mercedes Leobalde
A memoria da choiva Pedro Feijóo
A pista de area Andrea Camilleri
Antoloxía poética Manuel María
Livro (portugués) José Luis Piexoto
Casos do beco das sardinheiras (port) Mário de Carvalho
Ser Modou Modou Cheikh Fayé
Resistencia Rosa Aneiros
Os libros arden mal Manuel Rivas
Galván en Saor Darío Xohán Cabana
A dama da noite Xabier Seoane
Memoria para Xoana Marica Campo
Limaduras de prata María Luisa Abad

E neste 2018/2019 seguiremos con máis experiencias.

 

Se queres formar parte deste club, podes informarte aquí.